Obra galega completa
Autor: Rosalía De Castro
Número de Páginas: 380
“Arealonga” quería ofrecer nun soio volume tódolos textos galegos de Rosalía de Castro, moitos deles somente atopables en publicaciós eruditas. Ademáis de “Cantares Gallegos” e de “Follas Novas”, as dúas grandes obras en galego da nosa autora, esta nosa entrega contén un conto en prosa, unhas traducciós en verso e dez poemas que Rosalía escribiu ó marxe dos dous libros citados. O leutor, por conseguinte, está dediante da totalidade do mensaxe galego de Rosalía. en canto ó erudito, afórraselle o traballo de ter que percurar as pezas esparexidas deste mensaxe. Cando Rosalía de Castro publicóu o seu primeiro libro vernáculo, Galicia era unha enorme gándara de alleamento. Ela, ó definirse e ó definirnos, brindóunos unha tarefa que outros espritos foron precisando e agrandando. Pro ela foi un verdadeiro alborecer. Cando dazasete anos despósi, en 1880, Rosalía viaza ás bisbarras mási escuras da súa intimidade, compón un libro que é un exemplario de poesía fonda, radica e gravemente desacougante. Hai nese libro, tamén, anacos latexantes da Galicia que dasquela padecía, moi concretamente, a historia. Ese volume, “Follas Novas”, consolida, en...